Espanol: Galego: English:

Firma electrónica de documentos

Para tentar axilizar o proceso de solicitude de alta de usuario ou de grupo, habilitamos a posibilidade de asinar electronicamente os correspondentes formularios. Para iso pódese utilizar a aplicación AutoFirma que permite a firma electrónica de documentos dunha maneira sinxela e rápida ou calquera outra aplicación que lle permita asinar documentos.

Os formularios poderán ser asinados cun certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou o DNI Electrónico.

Unha vez recibido o formulario correspondente a súa solicitude, deberá seguir os seguintes pasos:

  1. Asine o formulario que se lle enviou en PDF (por exemplo, ca aplicación AutoFirma). No caso dunha solicitude de usuario, o formulario debe ser asinado tanto polo usuario como polo responsable do grupo ou departamento. Se se trata dunha solicitude de grupo, o formulario debe ser asinado polo responsable do grupo.
  2. Unha vez asinado o formulario debe enviarnos por correo electrónico o ficheiro que gardou durante o proceso de firma do formulario.

Cando recibamos o documento asinado procederemos a verifica a firma e en caso de que todo sexa correcto, seguiremos co proceso de solicitude. Noutro caso, notificarémoslle as anomalias detectadas.